Noticias y novedades

Carta JD-Grupo de Traballo

Queridos amigos,
 
Dirixímonos a vos cunha nova iniciativa relacionada coa nosa sociedade. Un grupo de membros do SGAN cun interese no campo da Nefrologxa Clínica quere promover a creación dun grupo de traballo sobre o tema. Como Xunta Directiva, a iniciativa nos parece moi axeitada, por diferentes razóns. Unha delas é que, a pesar da nosa proximidade xeográfica, temos pouco coñecemento das actividades doutros servizos e capacidades técnicas que poderíamos compartir e aproveitar, especialmente cando se trata de enfermidades e procedementos de baixa incidencia.
 
Sabemos, grazas aos datos do Rexistro de Galego Enfermidade Renal que as enfermidades glomerulares son a causa de iniciar tratamento renal sustitutivo en 12,7% dos pacientes incidentes en Galicia, cunha penetración bastante variable, entre un 6% e 22 %, en diferentes áreas. Ademáis, as enfermidades sistémicas representan o 4,8% das causas do inicio de TRS en Galicia, de novo con gran variabilidade, entre 0 e 10,4%. Sendo problemas tan importantes e de tanto interese científico, apenas temos información, entre outras razóns porque non aportamos datos de xeito uniforme ao Rexistro de glomerulonefrite da SEN que, con todas as súas limitacións, é a única fonte de datos a nivel nacional .
 
Por outra banda, non temos datos sobre a incidencia, etioloxía e pronóstico da insuficiencia renal aguda que chega a IRT, precise ou non tratamento sustitutivo, sendo este un tema de fácil revisión parcial, xa que todos os servizos temos Unidades de Agudos.
 
Estas son só algunhas das cuestións que podería abordar o grupo de traballo que agora se vos propón. Se o grupo se constitúe, como esperamos, será necesario decidir que temas son prioritarios, en relación co seu interese e viabilidade.
 
Obviamente, a participación nas actividades do grupo será libre (e estimulada) para todos os membros da sociedade, pero, obviamente, debe haber un grupo coordinador
 
Pedimos a todos aqueles que estedes interesados en participar nel que vos dirixades a  Fernanda Arrojo (Fernanda.Arrojo.Alonso@sergas.es), que nesta fase será a catalizadora de iniciativa
 
Unha aperta
 
A Xunta Directiva

 

Iniciar sesión

Crear unha cuenta